ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Ábrese ao tráfico o novo acceso provisional a Folgoso do Courel

 

Esta mañá quedaba aberto ao tráfico oficialmente o desvío provisional da estrada Quiroga-Seoane (LU-651), que sufría un desprendemento no pasado mes de marzo. Trátase dunha vía de nova construción de 740 m, que está adaptada ao tráfico de vehículos lixeiros e pesados. Ten suposto un investimento de 1 millón de euros. “En setembro a Xunta decidirá a solución definitiva para reconstruir a LU-651”, segundo adianta o Concello de Folgoso.

Ethel Vázquez supervisaba esta mañá a apertura da vía que permitirá o acceso a Folgoso a vehículos lixeiros, camións e autobuses. Cando o estudo de alternativas estea rematado a Xunta tomará unha decisión de forma coordinada co Concello para a solución definitiva ao derrubamento do acceso a Folgoso do Courel.
A conselleira adiantaba a reactivación a finais de agosto ou comezos de setembro da reforma da LU-651 entre Seoane e Ferrería Vella, cun investimento de case 3,5 M€.
Trasladaba tamén que Augas de Galicia colaborará con Folgoso mediante a reconstrución das instalacións xe abastecemento afectadas polos lumes.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button