ConcellosÚltima horaVerín

Ábrese o prazo de inscrición para a Ludoteca de Nadal do Concello de Verín

 

O  vindeiro luns 12 de decembro abrirase o prazo de inscrición do servizo de ludoteca “Ludonadal”, iniciativa organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. O obxectivo desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

O servizo do “Ludonadal” realizarase no Pavillón de Deportes dende o día 23 de decembro ata o 5 de xaneiro; de luns a venres, de mañá e de tarde en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 14:00 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 50 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 30 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

No marco do “Ludonadal” terán lugar actividades variadas como xornadas con divertidos inchables (do 23 ao 31 de decembro) temáticos; obradoiros para decoración de nadal (renos, pino, bonecos de neve, bolas de nadal, anxos, figuras dos reis…); xogo de búsqueda do agasallo (mediante pautas de frío ou quente esconderanse agasallos ou doces que terán que buscar); xogos que ensinan que o esforzo ten recompensa; contos de Nadal; educando pola igualdade; día dos Santiños Inocentes; festa prenoitevella e gran cotillón infantil co Ratiño Pérez (31 de decembro, dende as 10 horas, con disco móbil A Gramola, animación, inchables, baile e photocall; Ás 12 horas, badaladas para despedir o 2022); xincana San Silvestre; escribir e decorar as cartas que se van enviar aos Reis Magos ou a chegada da paxe real para recoller as cartas para entregar ás súas maxestades.

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776.

Artigos relacionados

Back to top button