En portadaÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición para o I Foro Camiño de Inverno por Valdeorras

Mouteira de lousa no Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

As persoas interesadas en participar no I Foro Camiño de Inverno por Valdeorras: camiño, paisaxe e viño nas terras do Sil, iniciativa que pon en marcha a Ruta do Viño, poden facelo xa a través da páxina web da entidade: www.rutadelvinovaldeorras.com, no formulario habilitado ao efecto na sección “inscrición”.

A iniciativa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 2021-2022, pretende promover o itinerario xacobeo do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras, un dos máis descoñecidos polo gran público, e o eido vinícola da comarca como dous dos puntos fortes de atracción turística do territorio.

Presentado a semana pasada, o foro conta tamén co respaldo do Consello Regulador da D.O. Valdeorras e dos concellos do Barco e da Rúa, onde se celebrarán cadansúa xornada de traballo nos días 8 e 15 de outubro, respectivamente.

Aínda que particularmente as xornadas que se desenvolverán diríxense aos profesionais do mundo do viño, do eido turístico e do desenvolvemento rural, en realidade as xornadas están abertas a toda a sociedade en xeral, polo que calquera interesado ou interesada en acudir pode inscribirse.

Artigos relacionados

Back to top button