ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos na N-120 en Rubiá

Producíase ás 17:20h. desta tarde de 2 de xaneiro no punto quilométrico 447 desta estrada

 

Na mesma estrada N-120 (entre Valdeorras e León), case ao mesmo tempo e a escasos quilómetros de distancia, producíanse dous accidentes de tráfico nesta tarde de 2 de xaneiro. O primeiro deles tiña lugar xusto antes dos túneles da Barosa (León) en torno ás cinco desta tarde.

Pouco despois, ás 17:20h. recibíase no 112 Galicia un aviso por outro accidente de tráfico, con feridos, tamén na estrada N-120 pero un pouco máis alá, xa no municipio de Rubiá, no punto quilométrico 447.  En concreto o sinistro producíase a uns 300 metros antes do primeiro cruce para Rubiá, vindo de Ponferrada. Tratábase, segundo parece, dunha saída de vía.

De inmediato, ata o lugar dirixíanse os efectivos de emerxencias, entre eles o 061. Tamén se alertaba ao GES Valdeorras, á Garda Civil e aos bombeiros do parque comarcal. Como consecuencia do accidente resultaba ferida unha persoa.

 

Artigos relacionados

Back to top button