ConcellosPetínÚltima hora

Accidente de tráfico en Petín

 

Preto das tres da tarde deste xoves 25 de xaneiro producíase un accidente de tráfico en Petín, no que se vían implicados un coche e unha bicicleta.

O suceso tiña lugar na estrada central da vila, preto da praza, onde o vehículo que estaba estacionado daba marcha atrás antes de saír golpeando nunha bicicleta que pasaba nese momento. A consecuencia do impacto o cicllista caía ao chan.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse voluntarios de Protección Civil de Petín, membros do GES Valdeorras e da Garda Civil de Tráfico, así como unha ambulancia do 061 que trasladaba ao ciclista ao Hospital Público Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button