A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico no centro da Rúa

 

En torno ás dez desta mañá de domingo, 8 de agosto, producíase un accidente de tráfico sen feridos xunto á rotonda do Campogrande, na Rúa, no que se vía implicado un único vechículo.

Segundo informan fontes presenciais, o condutor do coche accidentado que circulaba pola vía central da Rúa dirección Concello, subíase á rotonda da prensa e de seguido xiraba á esquerda empotrándose de fronte contra un valado protector da beirarrúa que destrozaba completamente. Coa defensa no chan, o accidentado regresaba a á xeral deixando o coche estacionado na rúa Campogrande, xa en dirección O Barco.

Ata o lugar dos feitos desprazábase a Policía Local da Rúa e mesmo o alcalde da localidade, Álvaro Fernández así como persoal do Concello e a Garda Civil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button