
Na madrugada deste sábado 4 de xaneiro producíase un accidente de tráfico, na estrada central da Rúa, no que se vía implicado un vehículo que colisionaba contra o quitamedos, ocasionando desperfectos na mesma. O vehículo tamén sufría danos pero por sorte non sen producían feridos.
Ata o lugar dos feitos, na zona de San Roque, acudían voluntarios de Protección Civil da Rúa, unha patrulla da Garda Civil, outra de tráfico e Conservación de Estradas.

Fotos cedidas.



