ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Acoval homenaxea a Manuela Álvarez pola súa xubilación

A primeiros de xaneiro Manuela Álvarez Jares, Manola, deixará o que ten sido o seu posto de traballo durante 45 anos en Acoval. Con motivo da súa xubilación, esta empresa valdeorresa vén de renderlle homenaxe a esta traballadora, natural de Viloira, durante un xantar que tiña lugar no mediodía do 22 de decembro no Pazo do Castro (O Barco).

Nesta celebración participaban unhas 35 persoas e no seu decurso agasallábase a Manuela cun ramo de flores e cun reloxio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button