CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Actuación do Coro Santa Rita do Barco na “Muestra de la canción berciana”, en Ponferrada

 

A praza do Concello de Ponferrada acollía na tardiña do 7 setebrmo unha nova edición da “Muestra de la canción berciana”, que contaba coa participación de nove agrupacións. A única delas que non era desta comarca da provincia de León era o Coro Santa Rita do Barco, que xa ten sido convidado en anteriores ocasións.

A formación musical barquense, que dirixe Silvina Bravo, interpretaba, tamén con acompañamento instrumental, dúas cancións bercianas neste certame: “Mi querida Ponferrada” e “Brindo por tu amistad”. Dende o coro valdeorrés amosábase o seu agradecemento por poder acudir este evento e tamén se destacaba a acollida do público.

 

 

Nesta mostra tamén participaban Voces de Montes Aquilianos, Coral Siloa, o grupo Los Exquisitos, a Ronda El Salvador de Toral de Merayo, a Coral Virgen del Carmen, a Rondalla Musical Amigos, a Solera Berciana e a Ronda Amigos del Bierzo. Cada unha delas cantaba así mesmo dúas pezas durante a mostra.

Imaxes cedidas.

Vídeo da actuación:
https://youtube.com/shorts/YRTaXRpOMiE?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button