SanidadeÚltima hora

ADOS convida á cidadanía a doar sangue para posibilitar un maior labor asistencial dos hospitais galegos

Publicidade

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), invita á cidadanía galega a doar sangue, en especial aos doantes do grupo Cero Negativo. Ademais, a volta á normalidade nos hospitais galegos vai propiciar un aumento das intervencións cirúrxicas en todas as especialidades e a conseguinte demanda de compoñentes sanguíneos dos centros sanitarios de Galicia, polo que é preciso a colaboración e xenerosidade de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

Este mes de novembro remata a primeira fase da campaña de doazón universitaria, que unido aos períodos vacacionais e ás pontes festivas do vindeiro mes de decembro, precisan dun reforzo na participación dos cidadáns, xa que pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios.
Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

Artigos relacionados

Back to top button