Galerías de fotosÚltima hora

Alumnas do Conservatorio do Barco abren con música a XII Bienal de Pintura do Eixo

Con música abríase a XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico no Barco. O acto inaugural desta mostra, instalada na sala de exposicións da praza do Príncipe da vila, comezaba na tarde do 9 de novembro coa actuación musical de dúas alumnas de saxofón do Conservatorio do Barco, Inés Docampo e Claudia Fernández, que interpretaban ao saxofón, e acompañadas ao piano polo profesor José Romero, dúas pezas de Jacob de Haan: “No xardín do museo” e “Tan só unha resposta”.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos da Bienal:
https://osil.info/obra-plastica-de-trinta-novos-creadores-galegos-lusos-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button