ConcellosÚltima hora

Amelia Rodríguez, natural de Vilarellos (Castro Caldelas), celebra o seu centenario

Amelia coa alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega./ Cedida.

 

Amelia, natural de Vilarellos (Castro Caldelas), vén de cumprir 100 anos. É a máis pequena dunha familia de 5 irmáns e foi criada por unha tía en Poboeiros durante a época da posguerra con moitas dificultades para casar logo con Luis de San Xulián.

O seu marido tivo que emigrar a Panamá, onde estivo 20 anos. Mentres, ela criaba as súas fillas e rexentaba a Mercería Amelia na rúa Santo Domingo de Ourense durante máis de 40 anos. “Pero Amelia sempre foi filla amante do seu Castro Caldelas onde facía a matanza, celebraba o San Xoán e coidaba a súa horta. Unha vez xubilados, a casa de San Xulián sería o hogar donde máis desfrutaba coa familia e amigos. Sempre que a visitabas tiña un tapete, un mantel, un tu y yo, … ou algún detalle feito polas súas expertas mans ao ganchillo”, explica a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Amelia regresaba hai uns días a Ourense a pasar os meses mais fríos coidada polas súas fillas e Feli, a súa cuidadora. “Amelia sempre foi xenerosa, alegre, amante da familia, hospitalaria e unha muller excepcional e moi querida. Hoxe os seus sorrisos brilaron unha vez máis para celebrar os seus 100 anos de vida”, resalta a rexedora de Castro Caldelas sobre a súa tía.

Artigos relacionados

Back to top button