DeportesÚltima hora

Ao redor de 250 ciclistas participarán este sábado na XV BTT de Maceda-Copa Deputación

Entre eles os deportistas locais Saúl López e Iván Feijóo, en categoría Elite; Sarela Conde, en Sub23 Fem e Alejandro García, en Júniors

Presentación da XV BTT Maceda.

 

A XV edición da BTT de Maceda-Copa Deputación, organizada polo Club Ciclista Maceda, disputarase o vindeiro sábado, 18 de maio, a partir das 15:30 horas como unha proba consolidada no calendario galego de BTT, ademais de estar incluída na Copa Galicia XCO. Transcorre polo circuíto deseñado na zona do río de Maceda, con saída e chegada nas instalacións das piscinas municipais, como vén sendo habitual.

A organización agarda unha participación duns 250 participantes de diferentes categorías, entre as que se atopan os deportistas do club local Academia Postal-A BANCA-Maceda, que contará con corredores como Saúl López, Iván Feijóo, en categoría Elite; Sarela Conde, en Sub23 Fem, Alejandro García, en Júniors, actual campión de España, e recente vencedor da proba da Uci Júniors Series de Heubach, (Alemaña)  e que vén de participar nos Campionatos de Europa de XCO en Romanía, coa Selección Española, onde finalizou 11º.

 

Artigos relacionados

Back to top button