CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Aprendendo a facer terroríficas cabazas de Samaín na Biblioteca de Verín

Primeiro baléiranse e despois tállanse con rostros e xestos que infundan temor. Un grupo de rapaces aprendían a preparar e decorar cabazas de Samaín nun obradoiro que se impartía na tarde do 30 de outubro na Biblioteca Municipal de Verín e que terá continuidade mañá.

Esta iniciativa lúdica está dirixida, cada un dos días, a un máximo de 5 cativos socios da biblioteca que teñen que acudir acompañados do seu pai ou nai. Nesta galería poden verse algunhas imaxes da sesión desta tarde.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button