ConcellosÚltima horaVilamartín

Arcos (Vilamartín) venera ao seu patrón San Lourenzo

Publicidade

 

Os veciños de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) celebran neste 10 de agosto a festa do seu patrón, San Lourenzo. Debido á situación derivada da pandemia do Covid, tampouco este ano foi posible sacar ao santo en procesión pola localidade.

O que si se mantiña era a misa na honra de San Lourezo, que se oficiaba ás 12:30h. na igrexa de Arcos e que se desenvolvía respectando as medidas de seguridade fronte ao Covid. A celebración estaba presidida pola imaxe do Santo, no centro do altar, ademais no seu decurso actuaba o coro de Arcos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button