Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Arde unha casa en Candedo (Chandrexa de Queixa)

 

Sobre as dúas e media deste luns producíase un incendio nunha casa no lugar de Candedo, no municipio de Chandrexa de Queixa. “A  Garda Civil contactaba co 112 Galicia para indicar que foran alertados por un particular dun lume nunha casa, no lugar do Candedo”, tal e como informa o 112 Galicia.

Á espera de recibir máis información, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Castro Caldelas, que decontado se desprazaban ata o lugar. Ademais, informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “por se fose precisa a súa intervención. De feito, nada mais ser alertados, desprazaron unha ambulancia cara o lugar”, segundo o 112 Galicia.

Finalmente, “segundo se lle informou ao 112 Galicia, o incendio quedou extinguido, tratouse dunha casa en restauración, que ardeu por completo e na que, no momento de iniciarse o incendio, afortunadamente, non había ninguén no seu interior”, tal e como sinala o 112 Galicia.

Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Artigos relacionados

Back to top button