OurenseÚltima hora

As Cantigas de Afonso X chegan ao Teatro Principal de Ourense da man do músico Pablo Sanmamed

O concerto "Ben Vennas Maio", que mestura jazz e música medieval, celebrarse o 26 de xullo ás 20.30 horas

Gabriel Alén, César Fernández e Pablo Sanmamed.

 

O vindeiro 26 de xullo, ás 20.30 horas, celebrarase no Teatro Principal de Ourense, o espectáculo musical “Ben Vennas Maio”, un concerto sobre as Cantigas de Afonso X que mestura jazz e música medieval, que porá sobre o escenario unha conxunción de instrumentos de música antiga e moderna que se integran dun xeito harmónico a través dos arranxos musicais de Sanmamed, con instrumentos como o salterio e a viola de gamba nas súas afinacións habituais co piano, o contrabaixo e a batería.

O acto de presentación realizada na mañá deste luns 19 de xullo, contou coa participación do vicepresidente da Deputación César Fernández; do director musical do proxecto, Pablo Sanmamed; e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

Presentación do espectáculo musical.

 

Tal como explicou Pablo Sanmamed, a intención deste proxecto musical “é dar unha visión particular do cancioneiro de Alfonso X, tanto do cancioneiro sacro coma do profano. “Ben Vennas Maio” simboliza a chegada da lucidez, unha primavera que é motor de cambio e que anuncia o florecemento duns tempos novos”. Acompañan en escena a Pablo Sanmamed (contrabaixo): Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería), Begoña Olavide (salterio e voz), Xurxo Varela (viola de gamba e voz); a profundidade literaria da escritora Alba Cid e a voz de Elena Tarrrats. A produción corre a cargo de aCentral Folque.

César Fernández, pola súa banda, destacou “o reto e a delicada fusión entre música medieval e jazz que ofrece esta proposta musical, que á vez, é un excelente complemento para a exposición sobre Afonso X que está a exhibir o centro cultural “Marcos Valcárcel” ata mediados do vindeiro mes de agosto”, e lembrou que as entradas poden retirarse desde hoxe mesmo na plataforma

 

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

Finalmente, Gabriel Alén salientou “a excelente cooperación entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense, que fai posible a celebración deste concerto”, e remarcou a importancia de que pouco a pouco “se vaia recuperando a actividade cultural, mantendo todas as medidas de seguridade e protección ante a pandemia”.

Artigos relacionados

Back to top button