CulturaCulturaenBarcArteGalerías de fotosÚltima hora

As esculturas do barquense Iván Prieto dialogan enBarcArte

O título da súa instalación é "Veciñanza" e está situada en tres balcóns na praza Maior do Barco

Seguen desvelándose as obras do 2º enBarcArte, Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano do Barco. Unha das últimas en colocarse era “Veciñanza”, do escultor barquense Iván Prieto. Pode verse na praza Maior do Barco, en varios balcóns dun dos edificios antigos desta zona barquense, moi preto dunha escultura feita anteriormente en memoria do seu pai.

 

Unha das esculturas da instalación de Iván Prieto./ Foto: Jorge Barredo.

 

“Iván Prieto é o demiurgo de humanoides que, aínda que nada convencionais e talvez ata absurdos, conseguen que sintamos empatía por eles”, comenta o curador de enBarcArte, Jorge Barredo. Prieto amosa  “a todo aquel que desexe entrometerse, uns encontros inquietantes, que normalmente nos mergullan nun ámbito privado, aínda que esta vez as súas creacións están á vista de todos asomadas colgadas aos balcóns da praza Maior do Barco”, engade o coordinador deste festival.

Fotos da galería: Ángeles Rodríguez.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-arte-comeza-a-tomar-as-prazas-do-barco/
https://osil.info/o-barco-escenario-do-2o-festival-de-instalacions-artisticas-do-7-ao-29-de-setembro/

 

Un dos momentos da instalación das esculturas nos balcóns./ Foto: Jorge Barredo.

 

Iván Prieto preparando a instalación, na praza Maior do Barco./ Foto: Jorge Barredo.

Artigos relacionados

Back to top button