OurenseÚltima hora

As II Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca de Verín contarán con Santiago Posteguillo, recente Premio Planeta

Tras o rotundo éxito da primeira edición da iniciativa, con máis de 650 asistentes, este evento previsto para os días 29 e 30 de marzo manterá o seu formato inicial

 

Nesta fotografía (de esquerda a dereita) Calvo Poyato, José Luis Corral, Toti Martínez de Lezea, Javier Sierra e Santiago Posteguillo./ Foto cedida.

Os días 29 e 30 de marzo a Biblioteca Municipal de Verín celebrará as II Xornadas de Novela Histórica, unha cita que nesta edición contará coa presenza de Santiago Posteguillo, o recente Premio Planeta. Participará na mesa redonda titulada “Novelas históricas sobre la Hispania romana”, na que estará acompañado por Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e polo autor galego Francisco Narla. Santiago Posteguillo tamén presentará a súa obra premiada pola editorial Planeta “Yo, Julia”.

Tras o rotundo éxito das primeira edición da iniciativa, con máis de 650 asistentes, os organizadores do evento confirmaron esta mañá que se manterá o formato inicial das Xornadas de Novela Histórica, contando de novo coa presenza do novel escritor Alejandro Corral, (“El cielo de Nueva York” G. Planeta 2015) que dará continuidade ao apartado formativo da iniciativa, programado xa o pasado ano con gran aceptación do público. Nesta ocasión, A. Corral disertará sobre como converterse en escritor e chegar a publicar unha novela.

Ademais José Calvo Poyato participará en varias mesas redondas e presentará a conferencia “El último tesoro visigodo: un hallazgo extraordinario”; por outra banda, J.L. Corral. dará a coñecer o seu último traballo sobre “os Austrias”, que completa a súa triloxía escritores.

O ciclo de conferencias en torno á Novela Histórica de Verín está organizado pola Biblioteca Pública Municipal, a concellería de Cultura do Concello de Verín, a Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación Escritores con la Historia.

Artigos relacionados

Back to top button