
Os integrantes das Novas Xeracións do PP ourensán conseguiron recadar 500 quilogramos de xoguetes na súa campaña de Nadal “Repartindo sorrisos”. Ademais diso, tamén recolectaron 3.000 prendas de roupa e 300 quilogramos de comida.
Todo isto vaise distribuír “entre as Cáritas locais de Xinzo de Limia, A Peroxa, A Bola e a comarca do Carballiño”, explicou o presidente provincial de Novas Xeracións de Ourense, José Antonio Parente, en rolda de prensa hoxe, 27 de xaneiro. “Con esta iniciativa queremos sumarnos a contribuír cos menos favorecidos da nosa provincia”
Esta campaña é unha iniciativa que os populares máis mozos levan a cabo dende hai seis anos. Alén doutras como a que fan en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, explicou o presidente de NN.XX., que se chama “Ilusiona cun xoguete” e que é para dez nenos que están a padecer “esta lacra que se chama cancro”, dixo, e que pasen este período o mellor posible.
Parente estivo acompañado polo presidente do partido en Ourense, Manuel Baltar, que salientou que recoñeceu o labor destes mozos “que teñen vocación”, dixo, “que se demostra co traballo diario”. “Non vale solo aparecer nun concello dez días antes da campaña electoral, ou un mes antes, o noso é estar todos os días independentemente se hai procesos electorais abertos ou non”, reiterou o presidente.