ConcellosO BarcoÚltima hora

Baixan a 16 os casos activos de Covid no Barco

 

Continúa o descenso de casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 24 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 16 positivos, 1 menos que onte, consolidando desta forma a tendencia á baixa rexistrada nos últimos días.

En canto ao número de novos casos diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, mantense en 12, cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button