CarballedaConcellosÚltima hora

Bar Piscina Sobradelo, un lugar para desfrutar da gastronomía e para refrescarse

Estas instalacións municipais, situadas en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), contan cunha piscina depurada de forma natural

 

As piscinas municipais da localidade de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), aproveitando a auga do propio río Sil depurada de forma natural mediante plantas acuáticas, constitúen un lugar ideal para refrescarse neste caluroso verán e ademais permite desfrutar de saborosos pratos á súa beira. Así o a persoa concesionaria que collía este ano do Bar Piscina Sobradelo Cafetería aposta por achegar propostas orixinais, con algún toque exótico, xunto a pratos clásicos como a paella cunha cociña caseira feita con mimo e calidade.

Así na zona máis alta do recinto érguese un moderno edificio que acolle os vestiarios e a cafetería. Este establecemento, adornado coidadosamente, funciona en horario de 15h. a 21h. (que no caso de ceas pode alongarse ata pasada a medianoite) e nel sérvense bocadillos e hamburguesas, pero tamén se preparan barbacoas, paellas e, no caso dos entrantes poden degustarse os “tequeños” (unha especie de pauciños de queixo empanizados e fritidos) ou empanadillas tamén cun toque diferente. E todo isto acompañado por diversas bebidas e tamén por doces como os xeados. As diferentes propostas gastronómicas deste establecemento poden consultarse nas súas redes sociais co nome Bar Piscina Sobradelo Cafetería.

 

Piscinas naturais municipais de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), na parte superior, a cafetería.

 

O Bar Piscina Sobradelo permanecerá aberto ata a primeira semana de setembro, se ben, a súa apertura podería prolongarse no caso de continuar o bo tempo.

Dende a xerencia deste establecemento amósase a súa satisfacción pola acollida que está tendo entre o público a súa cociña e convida a aqueles que aínda non a probasen a achegarse por estas instalacións.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button