ConcellosO BarcoÚltima hora

Caen a 17 os casos activos de Covid no Barco, 5 menos que onte

Unha da rúas do Barco.

 

Destacada baixada dos casos de coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 23 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 17 positivos, 5 menos que onte, consolidando desta forma a tendencia á baixa rexistrada nos últimos días.

En canto ao número de novos casos diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, tamén se apreza un notable descenso ao pasar dos 20 de onte aos 12 de hoxe, cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button