Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Cambio nos percorridos das distancias ultra do Quiroga Trail Challenge

Foto cedida.

 

A organización do Quiroga Trail Challenge vén de anunciar un cambio no percorrido nas distancias ultra. Apenas a un mes da súa celebración, os responsables da proba deportiva tomaron a decisión de cambiar os trazados de ámbalas dúas distancias ante a imposibilidade de transitar a zona do Pico Montouto do Xeoparque Montañas do Courel. Nun comunicado explican que adoptan esta postura “tras consultar novamente coa Xunta de Galicia e Medio Ambiente para asegurar a resposta practicamente afirmativa que obtiveron no mes de decembro, cando comezaron co deseño e preparación das diferentes distancias”.

Esta prohición, continúan, deriva “da necesidade de preservar un niño de aguias reais que se atopa nas proximidades do Pico Montouto, sen dúbida, un dos máis emblemáticos do Xeoparque. Nun principio, contábase coa posibilidade de volver ao percorrido orixinal da carreira de 62 quilómetros, tal e como era ata o ano 2.019, debido a que nas datas do evento, 24 e 25 de febreiro, as aves non se atopan en fase de anidación, o que non suporía ningún problema. Con todo, tras consultar recentemente en busca de confirmación definitiva, Medio Ambiente rectifica debido a que as aguias se atopan en fase de apareamiento e consideran que o paso dos corredores podería entorpecer esta fase. Débese de ter en conta que as aguias reais en Galicia están catalogadas como especie en perigo de extinción”.

Consecuentemente, a dirección da carreira decidiu modificar, “sen máis espera, os percorridos afectados eliminando o paso pola zona restrinxida, quedando da seguinte maneira: a ultra de 62 quilómetros ascenderá ao Pico Pía Paxaro, aumentado a distancia ata os 70 quilómetros, con 4.000 metros de desnivel positivo, e co aliciente engadido de pasar por tres das fervenzas máis impresionantes do Xeoparque”. Pola súa banda, a ultra de 90 quilómetros, creada como novidade do décimo aniversario da proba, mantén a súa distancia e engade a subida ao Pico Formigueiros, o máis alto de todo o Xeoparque Montañas do Courel, o que aumentará o desnivel positivo ata os 5.600 metros.

“Entendemos que se trata dun novo reto para todos: corredores, voluntarios e organización”, explica Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, directores do evento. Ao mesmo tempo, esperan satisfacer igualmente as expectativas de todos os implicados e agradecen a comprensión ante a necesidade de protexer, ante todo, a natureza e fauna dunha contorna tan exclusiva como é o Xeorparque Montañas do Courel.Cam

Artigos relacionados

Back to top button