DeportesÚltima hora

Campionato galego de voleibol alevín en Ourense

Máis de 200 nenos de toda Galicia participarán na proba que terá lugar o 13 de decembro no Paco Paz
Presentación da proba de minivolei que se celebrará en Ourense.
Presentación da proba de minivolei que se celebrará en Ourense.

O vindeiro sábado 13 de decembro celebrarase no pazo dos deportes Paco Paz de Ourense, unha proba do campionato galego alevín de voleibol. Un campionato que terá fins solidarios xa que se pedirá tanto aos participantes como ao público, que colaboren na “Operación Quilo” organizada pola asociación xuvenil Amencer (máis información en http://amencer.org/noticia.php?n=41#.VH-am9Jfb0s).

O torneo era presentado polo presidente da Federación Galega de Voleibol, José A. Luna Bargo, acompañado por membros da directiva de Amencer e representantes de varios clubs provinciais. No acto, os organizadores adiantaban que o formato deste torneo será distinto ao que se viña realizando nos anos anteriores, “introducíronse cambios na normativa para que prime o aspecto lúdico fronte ao competitivo, co obxectivo principal de promocionar o voleibol entre os máis pequenos e facilitar aos clubs unha nova competición máis atractiva, que favoreza a captación de novos practicantes”.

Así pois, para o día 13 está prevista a montaxe de doce pistas de minivoleibol na cancha central do Paco Paz, nas que competirán máis de 200 xogadores de toda Galicia con idades comprendidas entre os 8 e os 11 anos.

Artigos relacionados

Back to top button