CulturaCulturaÚltima hora

Carlos Blanco leva o seu humor até o Carballiño este sábado en dous pases

O humorista Carlos Blanco porá, este sábado 8 de abril, o broche de ouro ao segundo ciclo de monólogos “Carballiño Comedy 2”. Segundo indican dende a área de Cultura do Concello do Carballiño, o actor terá que ofrecer dous pases debido a gran demanda de entradas que se produciu. De feito, para a sesión das 21:00 horas, que era inicialmente a única prevista, agotáronse as invitacións hai poucas semanas, e o segundo pase, que será ás 19:00 horas, ten xa cuberto a metade do aforo.

Os cinco monologuistas que participaron neste ciclo (Enrique San Francisco, Ángel Martín, Xosé A. Touriñán, Álex O´Dogherty e Carlos Blanco) terían reunido no auditorio municipal a máis de 3.000 persoas, cifran dende o Consistorio. Touriñán tivo que dar tres pases, e Blanco dará dous.

As persoas que desexen adquirir unha entrada ou facer a reserva para este segundo pase das 19:00 horas, este sábado, 8 de abril, pódeno facer en Restaurante A Fuchela, Restaurante Comonacasa ou a través do teléfono 615460405 e  na seguinte ligazón www.ticketea.com/entradas-monologo-carlos-blanco-monologo-o-carballino/

 

Cartel do evento.

 

Artigos relacionados

Back to top button