ColaboraciónsOpinión

Carta dunha gandeira de Viana do Bolo á conselleira do Medio Rural

Hola!!

 

Son unha gandeira e productora de castañas do concello de Viana do Bolo e tocoume a desgracia ou a virtude de meterme  nun proxecto que moitas veces me pregunto  se realmente faría ben ou se realmente  me confundin …

 

Esa é a pregunta que oigo retumbar dende hai uns meses na miña cabeza pero….. cando de repente oigo a moitos amigos e compañeiros gandeiros e apicultores…. “Non chove” … “Comprei herba… “Comprei palla”…. “Comprei tacos”… “Vou ca cisterna a levar auga as vacas”….. “Fixen un pozo de barrena “… “Andamos a recoller madeira” (refírense a que as alzas que recollen nas colmeas están  vacias” … ou….. cando oigo a unha nena que dice “O meu pai ten colmeas pero este ano non tein mel”……

 

Pensó na miña cabeza …… esto non pode estar pasando…… hai que facer algo……. e eu sempre positiva pensando en alto….. e digo non vos preocupedes… teñennos que axudar,  non poden deixar que esto desaparezca…. e o mellor que sabemos facer …. estamos no mellor sitio do mundo……. facendo o que mais nos gusta… e temos dereito a vivir do noso traballo sen andar a dar pena e sen pedir limosnas…

 

Pero a realidade é que con esta SEQUIA  estamos vendo como cada día o noso medio de vida está morrendo e de seguir así, as nosas explotacións corren o risco de arruinarse e desaparecer…

 

Estamos afectados moitos gandeiros e apicultores da montaña de Ourense Oriental como digo eu…. pero o problema que eu mais coñezo está nos concellos de VIANA DO BOLO, O BOLO, A GUDIÑA, A MEZQUITA, A VEIGA e VILARIÑO DE CONSO.

 

As producións de centeo, herba, castaña e mel quedaron arrasadas en moitos dos casos por completo:

  • Nas nosas leiras sembradas de centeo non recollemos nin un tercio do que tiña que colleitar para alimentar o noso gando.
  • Os nosos prados non deron a herba que tiñan que producir para alimentar os nosos animais.
  • As nosas colmeas non deron o mel que tiñan que producir e inda por riba sufrimos un gasto de alimento debido a que as flores desapareceran gracias a xeada.
  • Os nosos castiñeiros quedaron arrasados pola xeada e agora non teñen os ourizos que tiñan que ter para producir as castañas que son un ingreso necesario nas nosas explotacións.

 

Gracias a xeada e a prolongada sequía que levamos sufrindo nestas zonas; nos sectores do centeo, forraxe, castaña e colmeas a maior parte dos produtores quedamonos sen colleita con perdas superiores o 80%.

 

Aproximadamente seremos: 350 Gandeiros e 50 Apicultores

Poñome a falar con compañeiros gandeiros e podo escribir o que me acaban de decir:

  • Un gandeiro de 100 cabezas de vacuno carne me dice que leva gastado 4000 kg de tacos e 22000 kg de palla
  • Un gandeiro de 70 cabezas vacuno carne me dice que leva gastado 24000 de alfalfa  19000 de palla
  • Un gandeiro de 30 vacas de carne me conta que xa gastou 1400 kg de tacos e 90 rollos de herba
  • Un ganadero de 50 vacas de carne me dice que gastou 3000 kg de tacos e 19000 de palla
  • Un ganadero con 19 cabezas de vacuno de carne leva gastado 40 rollos de herba en  silo,  800 kg de tacos e ten que apañar a auga para que beban cunha Cisterna gastando uns 10000 litros de auga a semana
  • Un gandeiro de 400 cabezas de ovino dice que leva gastado 5000 kg de centeo e que parte do forraxe que tiña reservado para o inverno xa llo deu de comer as ovellas
  • Un ganadero con 90 cabezas de vacuno de carne está gastando 5 rollos de herba ó día e apaña a auga para que beban en Cisterna – 10000 litros de auga ó día
  • Un ganadero de 90 cabezas vacuno leite gastou 1000 kg de tacos coa recría e un rollo de silo cada día; coas que están en producción gasta 1 rollo de silo de pulpa de remolacha o día e cambiou a fórmula do pienso porque a herba non ten proteína o que lle supón 500 € máis o mes
  • Un ganadero con 53 cabezas de vacuno de carne leva gastado 2 rollos de herba en  silo o dia,  1200 kg de tacos e  apaña Cisternas de auga – 3500 litros de auga cada 3 dias

 

 

As produccións de forraxe deste ano son miserables; podendo falar de que un gandeiro  que:

 

  • recolleu o ano pasado 1300 rollos de forraxe recolleu este ano 342
  • recolleu o ano pasado 880 rollos de forraxe recolleu este ano 320
  • recolleu o ano pasado 250 rollos de forraxe recolleu este ano 110
  • recolleu o ano pasado 430 rollos de forraxe recolleu este ano 170
  • recolleu o ano pasado 200 rollos de forraxe recolleu este ano 30
  • recolleu o ano pasado 542 rollos de forraxe recolleu este ano 230

 

Poñome a falar con apicultores…… e caeme a alma o ceo ……. case non dou escrito o que me van dicindo:

 

As produccións de mel deste ano …………………

 

Un apicultor que recolle habitualmente, polas colmeas que ten, 40000 kg de mel este ano recolle sendo optimistas 5000 kg

 

Outro diceme ….. estamos falando que unha colmea en situación normal pode dar 30 kg  e este ano para pasar dos 3 kg e difícil…..

 

Pregúntolle pola alimentación e dime que este ano pudo  gastar 5 kg de alimento por colmea cando nos  anos de atrás non gastaba nada……. A vez dime medio chorando…. “nada máis que me derán algo para o alimento xa me corformaba”….. unhas tristes palabras dun rapaz de 24 anos que optou por quedar coas colmeas do seu pai e aumentar a explotación….co resultado de que nun mal ano como este…. “cantas mais teño mais gasto en alimentalas”…..

 

Ademais de todo esto a maioria ou case totas as explotacións destas zonas contaban cun ingreso extra; o das castañas que na maioria dos casos este ano non vai ter ou vai ser moito menor … Podemos calcular unha media de 3500 kg de castañas por explotación, nun ano normal.

 

E podería seguir escribindo e tería moitos máis exemplos…  pero cansome de trasladar desgracias … e mais desgracias, todas elas reais e cunha historia; para que despois os que teñen que ver o que está pasando, ainda non se dignaron en reunirse cos afectados para decatarse das súas necesidades ante tal situación e inda por arriba se dignan en obviar, tapar e ocultar unha realidade na que cada día que vai pasando os gandeiros, apicultores e productores de castaña desta zona vamos vendo como o noso modo de vida neste momento corre un grave risco.

 

Asi os gandeiros e apicultores da montaña de Ourense oriental DENUNCIAMOS o grave abandono que sufren as nosas explotacións, estamos falando dunha zona diferente o resto de Galicia en canto a clima, non ten nada que ver; polo que son explotacións que nesesitan un trato diferente en épocas nas que xeadas a destempo arrasan as nosas colleitas e unha sequía prolongada (mais dun ano e medio que non chove de verdade), fai que se sequen manatiales e pozos e non teñamos moita das veces nen para darlle de beber os animais, tendo que transportala a auga co custe económico que esto supón.

 

Neste sentido sorprendenos que na lexislatura cualificada como a do rural polo especial interese que se lle ía prestar, se esquezan os compromisos e se nos estean dando as costas a viabilidade das nosas explotacións e que estea en xogo neste momento nunha zona tan abandonada dende Galicia (señores, os concellos da montaña de Ourense Oriental TAMEN SOMOS GALICIA!!!)

 

Con urxencia debense habilitar solucións XA!! para estes sectores e recordamos que nos, non QUEREMOS axudas, senón que pola contra NECESITAMOS axudas!!!

 

Unha gandeira da ZONA CERO da SEQUIA

 

Nota:

Esta carta foille entregada en man á conselleira do Medio Rural por parte da deputada Noela Blanco na sesión plenaria do Parlamento de Galicia do 27 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button