OurenseÚltima hora

Castelo representa a Ourense na asemblea da Asociación Europea de Vilas Termais

A concelleira de Termalismo aborda o futuro destas políticas turísticas na República Checa
Ourense participa estos días na Asemblea Xeral da Asociación Europea de Vilas Históricas e Termais, na República Checa.
Ourense participa estos días na Asemblea Xeral da Asociación Europea de Vilas Históricas e Termais, na República Checa.

O Concello de Ourense participa estes días, na cidade checa de Karlovy Vary, na Asemblea Xeral da Asociación Europea de Vilas Históricas e Termais (Ehtta), a través da titular da área de Turismo e Termalismo, Isabel Castelo. Aborda xunto a representantes doutras 30 localidades o futuro das políticas turísticas e termais europeas.

Ademais Castelo e o seu equipo asisten a diferentes reunións sectoriais, entre elas a de Comunicación e Turismo, co obxectivo de debatir a expansión do colectivo, que recibe novos membros que se suman así ás máis de 40 cidades que a integran actualmente.

Por outra banda, a cidade das Burgas tamén se promocionará activamente na feira B-Travel de Barcelona, que se define como unha das máis importantes do sector turístico a nivel europeo. Nese encontro, Ourense estará presente a través da súa promoción dentro da Rede de Cidades AVE, á que se adheriu recentemente.

Artigos relacionados

Back to top button