CulturaCulturaÚltima hora

Catro escritores noveis de Valdeorras participan no libro solidario “Ventanas a un sueño. Antología 2024”

Editado por Galbá os beneficios netos da venda súa venda irán destinados a un proxecto de investigación sobre cancro cerebral infantil

 

Hai uns meses falamos do nacemento dunha “xeración de escritoras” na localidade barquense de Éntoma, coa presentación dos libros de Mercedes Barros e Elena Díaz. Agora “podemos comprobar que xa non só son dúas escritoras, hoxe son tres e un poeta”, aseguran dende a Editorial Galba.

Mercedes Barros, co seu segundo libro o Oso Jafi. Un simpático e reflexivo Oso, que xunto cos seus amigos do bosque, poñen solución a problemas da vida cotiá; Elena Díaz co seu libro Pensamentos I, 21 reflexións da vida cotiá e terminando de escribir o seu segundo libro; Ester Casas, cunha literatura directa e de actualidade, literatura romántica; e Daniel Blanco López, autor novel que xa publicou a súa primeira obra poética Caricias en estéreo.

Os catro contribuíron cun texto no libro Ventanas a un sueño. Antología 2024. Unha obra na que 45 autores e autoras contribuíron coas súas palabras en estilo relato, conto e poesía. “Son 45 xanelas cun mesmo soño, axudar aos máis débiles, os nenos. De feito, os beneficios netos da venda do libro destínanse a Cris contra o cancro para un proxecto sobre a investigación do cancro cerebral nos nenos que se desenvolve no Hospital Niño Jesús de Madrid”, aseguran dende a editorial, asegurando que “sen dúbida, Valdeorras ten unha gran alegría cultural e catro valores no presente. A seguir de preto o seu traballo no futuro”.

Artigos relacionados

Back to top button