ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A cea da IV Mascarada Ibérica en Viana do Bolo

Tras percorrer a vila de Viana do Bolo na tarde do 13 de xaneiro, os case 40 grupos participantes na IV Mascarada Ibérica eran agasallados pola organización cunha cea no pavillón polideportivo. Eran máis de 700 persoas as que compartían un menú do que formaba parte un consomé ben quentiño, entre outras propostas, e como sobremesa a bica.

Ademais a organización entregáballe un agasallo a cada un dos grupos en agradecemento pola súa asistencia a este evento festivo e etnográfico. Esta mascarada ten sido organizada pola Comisión do Entroido 2018 de Viana do Bolo, pola Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso e a Saga en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Viana.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos da Mascarada:
https://osil.info/centos-de-enmascardos-toman-viana-bolo/
https://osil.info/mais-fotos-da-iv-mascarada-iberica-viana-bolo/

Mascarada Ibérica en Vilariño de Conso:
https://osil.info/iv-mascarada-iberica-enche-de-rituais-de-inverno-vilarino-de-conso/
https://osil.info/mais-fotos-da-iv-mascarada-iberica-nas-ruas-de-vilarino-de-conso/

Artigos relacionados

Back to top button