Compañeiros no Hospital Público de Valdeorras e amigos homenaxeaban na tarde-noite do 27 de maio ao doutor Josep Masferrer, cunha cea no Complexo Hostaleiro Paladium (Vilamartín), con motivo da súa xubilación, o pasado 28 de abril, tras máis de 38 anos exercendo como médico internista no Hospital Público de Valdeorras.
Este especialista, natural de Xirona, chegaba ao Barco “sin ningunha pretensión, por 9 meses”. Pero xa nunca abandonou o seu hospital nin a comarca, da que se sente un valdeorrés máis. De feito, tras xubilarse continúa vivindo na vila barquense.
A cea remataba cunha sobremesa moi especial, xa de madrugada, na que o doutor Masferrer recibía orixinais e sentidos agasallos dos asistentes á cea: unha viaxe aos Fiordos noruegueses, 1 placa conmemorativa, un estetoscopio e unha bata con dedicatorias de compañeiros, entre outros.
Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas, agás as 7 últimas da galería que son de Javier Brasa.