EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Cea de Nadal dos gandeiros da montaña do oriente ourensán en Viana

Estaba promovida por Unións Agrarias e tiña lugar na noite do 20 de decembro no Restaurante A Nosa Casa

Un cento de gandeiros dos municipios de Viana do Bolo, A Mezquita, A Gudiña, Vilariño de Conso, A Veiga e O Bolo reuníanse na noite do 20 de decembro en Viana para participar na cea de Nadal que vén organizando dende hai uns cinco anos a oficina de Unións Agrarias nesta zona da provincia de Ourense.

A cea tiña lugar no Restaurante A Nosa Casa e entre os asistentes estaban representantes de UUAA como o secretario xeral, Roberto García, ou o responsable deste sindicato na comarca, Santiago Barja. Tamén asistía o técnico da Oficina Agraria Comarcal de Viana, Secundino Fernández.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button