ConcellosÚltima hora

Cine, teatro e unha concentación, entre os actos para celebrar o 25-N no Barco

A xornada central será a do 25 de novembro cunha concentración pola tarde na praza do Concello, seguida da iluminación simbólica da fachada da Casa Consistoria e dunha representación teatral de Gargallada

 

Exterior do Concello Vello do Barco no 25 de novembro do 2017./ Foto: A.R.

“Querémosvos vivas. Co maltrato non hai trato”. É o lema do cartel que dende hai uns días pode verse nas rúas do Barco e que anuncia o programa de actividades que este concello organizará con motivo da conmemoración do “Día Internacional para a erradicación da violencia de xénero” o 25 de novembro.

Os actos comezarán xa o 22 de novembro coa proxección da película “Custodia compartida”, en colaboración co Cine Club Groucho Marx, no Teatro Lauro Olmo da vila. Ademais do 25 ao 30 de novembro o comercio e os negocios do Barco utilizarán as camisetas co lema da campaña e colocarán nos seus escaparates carteis de repulsa.

O acto central será o propio día 25 de novembro, cunha concentración a partires das 18h. na praza do Concello, seguida da iluminación simbólica da Casa Consistorial en memoria das mulleres asasinadas e dunha breve de escenificación de Gargallada Teatro, titulada “Xuízo ao maltrato”. O acto pecharase coa lectura dun manifesto.

Artigos relacionados

Back to top button