Arqueoloxía na gran pantalla en Cacabelos. Do 1 ao 22 de decembro desenvolverase no Museo Arqueolóxico desta localidade berciana o I Ciclo de Cine Arqueolóxico, que incluirá a proxección dunha ducia de filmes. Neles abórdanse actuacións arqueolóxicas en diversos lugares e de etapas moi diferentes: dende os vikingos e o Reino Suevo ata a arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras).
As sesións serán ás 18h. os días 1, 8, 15 e 22 de febreiro. O acceso é libre ata completar aforo.