DeportesÚltima hora

Coles, Pereiro e Ourense acollerán a cuarta edición do “Desafío 42-Ourense Termal”

Presentación do IV Desafío 42-Ourense termal.

A cuarta edición do “Desafío 42-Ourense Termal” celebrarase os días 20 e 21 de maio nos termos municipais de Coles, Pereiro de Aguiar e Ourense, e que converterán á provincia de Ourense,unha competición que aúna turismo e deporte nunha carreira de 42 quilómetros dividida en tres probas.  A proba presentouse esta hoxe, 10 de maio, na contorna termal de Outariz, na capital ourensá, e contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do ex campión do mundo de maratón, Abel Antón; do director de “Desafío 42”, Serafín Martínez; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do tenente de alcalde de Pereiro de Aguiar, Manuel Doval; do alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; e das representantes de Banco Mediolanum e Renault Luis Aragonés.

O vicepresidente do Goberno provincial destacou que esta proba, “ademais do atletismo, pon en valor a riqueza termal que posúe a nosa provincia aglutinando nun mesmo evento deporte, turismo e termalismo”.

Pola súa parte, o dobre campión do mundo de maratón, Abel Antón, padriño desta cuarta edición, asegurou que participará nesta proba “Desafío 42-Ourense Termal”.

O Desafío comezará o vindeiro sábado, 20 de maio, ás 16:00 horas, coa media maratón de Coles e, ás 21:15 horas, a competición trasladarase ao Concello de Pereiro de Aguiar, onde se disputará a segunda etapa, a “6k Sunset Encoro de Cachamuíña”. Ao día seguinte, 21 de maio, a partir das 11:00 horas, celebrarase a 15 quilómetros de Ourense-Banco Mediolanum, cun percorrido polas rúas da capital e polas beiras do río Miño. Asemade, os máis cativos poderán gozar nas tres localidades de carreiras infantís gratuítas, dirixidas a nenos e nenas de ata 14 anos, “cun premio de 120 euros en material deportivo para o colexio que inscriba a máis alumnos en cada categoría”, dixo Serafín Martínez.

Os interesados en participar poderán inscribirse na web www.championchipnorte.com ata o vindeiro día 17 de maio, e poderán disputar as tres probas ou só unha delas optando, neste último caso, só a clasificación individual de carreira. Ademais haberá unha clasificación xeral na que se incluirán a todos aqueles que completen todo o percorrido e unha clasificación por equipos para os participantes que se anoten en grupos mixtos de tres persoas, representando ao equipo, en cada unha das etapas, un dos integrantes.

Artigos relacionados

Back to top button