EconomíaEconomíaÚltima hora

O comercio de Verín entrega o premio de 1.000 euros na Gala de Nadal

Este evento tamén foi escenario da entrega de cheques regalo aos gañadores do concurso de escaparates de Verín, organizado pola Cámara de Comercio de Ourense

Hoxe, 3 de xaneiro ás 20:00 horas, o presidente da Asociación de Comerciantes de Verín (Aever), Santos Álvarez e o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio; acompañados do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, fixeron entrega do premio de 1.000 euros correspondente á promoción “Este Nadal merca en Verín” durante a Gala de Nadal “O Show dos Pallasos”, organizada por Aever no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. No evento tamén se entregaron os correspondentes cheques regalo aos gañadores do Concurso de Escaparates de Verín 2017.

O premio da promoción “Este Nadal Merca en Verín” entregouse mediante un sorteo presencial no Pavillón Municipal. No sorteo participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos establecementos asociados a Aever, do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros.

A gañadora, Eva González Álvarez, poderá gozar do seu premio, a partir do 4 de xaneiro, realizando compras por un importe de 1.000 euros en, polo menos, cinco establecementos de asociados a Aever, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

Na Gala de Nadal “O Show dos Pallasos”, -organizada por Aever, coa colaboración do Concello de Verín- participaron centos de nenos e nenas que gozaron dunha divertida xornada de actuacións musicais, agasallos e divertidos concursos, acompañados dos seus persoaxes favoritos.

Por outra parte, ao finalizar a gala, fíxose entrega -por parte do alcalde de Verín, Gerardo Seoane- dos correspondentes cheques regalo aos gañadores do concurso de escaparates de Verín 2017. Outorgáronse tres premios de 150, 100 e 50 euros aos negocios “La tienda del bebé”, “Aquerea” e “Ángela”, respectivamente.

No concurso participaron 47 establecementos comerciais que o solicitaron e están localizados no concello de Verín, previa inscrición. O tema a desenvolver foi o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

Artigos relacionados

Back to top button