SanidadeÚltima hora

Comeza a vacinación contra o Covid dos maiores de 80 anos nos Centros de Saúde do Barco e de Viana, entre outros da provincia

Asunción, primeira persoa maior de 80 anos que non vive nunha residencia en vacinarse contra o Covid no Centro de Saúde do Barco./ Foto cedida.

 

Arranca a vacinación contra o Covid na provincia de Ourense dos maiores de 80 anos que non viven en residencias. Os primeiros centros de saúde de referencia en iniciar a campaña era, esta mañá, os do Barco, Viana do Bolo, O Carballiño, Verín, Maceda, Bande e A Ponte en Ourense. Á tarde será a quenda de Xinzo de Limia e Ribadavia e, na cidade, de Valle Inclán, A Cuña e Novoa Santos.

 

Gabino, o primeiro home maior de 80 anos en vacinarse no Centrode Saúde do Barco./ Foto cedida.

 

No caso do Centro de Saúde do Barco a primeira persoa octoxenaria en recibir a primeira dose da vacina, a partir das 11h., era Asunción de 85 anos, e o primeiro home maior de oitenta anos en vacinarse foi Gabino, o seu marido, de 88 anos. No caso do Centro de Saúde do Barco administrábanse hoxe 55 doses e a vacinación estaba en mans do equipo especial de vacinación 10.

Tamén esta mañá comezaba a administrarse a vacina contra o Covid-19 no Centro de Saúde de Viana do Bolo, a onde se desprazaba o equipo 11. Alí poñíanse outras 55 doses.

 

Vacinación no Centro de Saúde de Viana do Bolo./ Foto cedida.

 

Por puntos de vacinación o de Verín será o que atenderá a un maior número de usuarios nesta campaña de vacinación, un total de  3.150, seguido do de O Carballiño, con 2.968; Valle Inclán 2.881; Xinzo de Limia 2.547; Celanova 2.523; A Ponte 2.437; Novoa Santos 2.395, O Barco de Valdeorras 2.117; A Cuña 2.079; Ribadavia 1.893; A Carballeira 1.787; Coles 1.488; Maceda 1.009; Bande 930; Allariz 926; Viana do Bolo 573; Castro Caldelas 481; e Pobra de Trives 442. As vacinas de A Valenzá e O Couto están incluídos nos servizos de A Carballeira e Novoa Santos pero dispensaranse directamente nestes centros.

Puntos de vacinación fronte ao Covid na provincia

Fonte: Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button