En portadaÚltima hora

Comezan as obras de mellora do firme na estrada OU-122 en Carballeda de Valdeorras

Hoxe e mañá traballarase na rehabilitación localizada do firme no treito de 11 quilómetros desta vía autonómica no municipio, entre os quilómetros 3 e 14

 

Veñen de iniciarse as obras de mellora do firme na estrada autonómica OU-122 ao seu paso polo concello de Carballeda de Valdeorras que supoñen un investimento de 145.000 euros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade desenvolverá durante o día de hoxe e tamén na xornada de mañá os traballos de rehabilitación localizada de firme en varios puntos do treito de 11 quilómetros desta vía autonómica ao seu paso polo municipio, concretamente, entre os quilómetros 3 e 14.

A intervención consiste no reforzo do firme mediante o fresado previo das zonas deformadas ou con anomalías, e a posterior extensión dunha capa de rodadura de formigón bituminoso en quente. Estes traballos de reforzo do firme inclúen, ademais, intervencións nalgunha das curvas da estrada e na travesía de Viladequinta.

 

 

 

As actuación en execución completaranse co pintado das marcas viarias correspondentes á zona de actuación. “Este tipo de actuacións de conservación e mellora do firme na OU-122 ao seu paso por Carballeda de Valdeorras realízanse de xeito periódico, tendo en conta que se trata dunha zona con importante presenza da industria da lousa”, segundo informa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Tamén está próxima ao seu remate a intervención de mellora da seguridade viaria nesta mesma estrada para a habilitación dun xiro con carril central en Viladequinta, cun investimento de preto de 50.000 €.

Artigos relacionados

Back to top button