
Con música porá o broche ao programa de actos de Nadal o Concello de Manzaneda. Así, para o sábado 8 de xaneiro está previsto un concerto do grupo local de acordeóns Airiños da Porta Falsa. Actuará a partir das 17h. no Centro de Día. Será un bo xeito de despedir as festas e de encamiñarse neste novo 2022 con música.