Nesta edición, que finalizaba co sorteo dunha cesta de produtos desta mostra, participaban unha ducia de expositores
Tras dúas intensas xornadas, o recinto feiral do 3º Mercadiño de Nadal de Rubiá pechaba as súas portas na tarde do 2 de decembro na Casa da Cultura desta localidade. No acto de clausura procedíase á entrega de premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros”, de mans do alcalde, Elías Rodríguez, e sorteábase unha cesta con produtos doados polos postos do mercadiño entre as persoas que realizaban as súas compras nel.
Ademais o alcalde e a tenente de alcalde, Isabel Arias, entregábanlle agasallos aos responsables dos doce postos que formaban parte da mostra deste ano en agradecemento pola súa participación. O acto da clausura tamén incluía un chocolate con churros para todos os asistentes.
Fotos cedidas.
O alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, entregando agasallos aos postos participantes.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.