OurenseÚltima hora

A Confederación Miño-Sil construirá unha depuradora na parroquia limiá de Fiestras

Outro dos proxectos que se levará a cabo será o acondicionamento do río Badella ao seu paso por Bande para por en valor o entorno fluvial
Río Badella ao seu paso polo núcleo urbano de Bande.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil fixo públicos no BOE dous proxectos a desenvolver na provincia. Por unha banda, está o de saneamento da parroquia de Fiestras, no concello de Xinzo de Limia. E, por outro lado, o proxecto de prolongación do acondicionamento do río Badella en Bande.

En Xinzo de Limia as accións a desenvolver teñen un orzamento base de 246.973,51 euros. Dentro desas actuacións está contemplado o proxecto da construción dunha nova depuradora de biodiscos en Fiestras con capacidade para 100 habitantes, situada na mesma parcela ca fosa séptica actual. Asemade, a demarcación hidrográfica fará un novo bombeo en Laroá que recolla o saneamento das vivendas que actualmente están vertendo á fosa séptica desta mesma área. Devandita infraestrutura impulsará os vertidos ata a depuradora existente na mesma parroquia.

Bande

En canto á prolongación do acondicionamento do río Badella, a Conferencia Hidrográfica Miño-Sil ten previsto facer un investimento de 258.977, 56 euros.

Dende o organismo público aseguran que o obxectivo deste proxecto é continuar coas actuacións xa iniciadas para resolver o “alto grao de degradación ambiental que presenta o río ao seu paso por Bande”. En canto á “degradación ambiental” á que se refiren, dende a demarcación hidrográfica explican que son o “estado de abandono” e a invasión de especies foráneas dentro do cauce do río Badella. Tamén engaden “o alto grado de ocupación se se produciu por parte da trama urbana” nalgúns puntos do trazado, que resulta, aseguran, “totalmente incompatible” para a sostenibilidade ambiental do uso da contorna fluvial.

Para resolver todos estes problemas detectados continuarán coa restauración do entorno cos mesmos criterios e seccións empregados na actuación executada pola demarcación hidrográfica o pasado 2015, “co ánimo de garantir a recuperación ambiental da ribeira do río na parte non prevista no proxecto anterior, así como a servidume do tránsito”. Con todas estas accións pretenden conseguir a posta en valor do río río Badella para o goce da cidadanía.

Artigos relacionados

Back to top button