Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Conmemoración do 25N en Chandrexa de Queixa

 

Nos últimos meses en Chandrexa de Queixa véñense realizando varios obradoiros de empoderamento a través da creatividade: reciclaxe, decoración ca técnica de decoupage, terrarios e recollida de receitas tradicionais.

O día 25 de novembro e dentro das actividades propostas para esa xornada, tiña lugar unha reunión no Concello que comezaba coa lectura dunha poesía por parte de Raquel Pérez Diéguez, quen a escribía para esta data: “Eres miña”.

 

 

A continuación, visualizouse o vídeo que recollía imaxes de tódolos talleres e das mulleres que participaron neles e agasallouse cun pequeno recetario que contén tódalas receitas que as participantes foron deixando.

O acto, sinxelo pero emotivo, guiado por Carmen Armada e persoal do propio Concello, igual que os talleres e charlas; rematou cun chocolate e o intercambio de historias destas mulleres da serra, mais, fillas, compañeiras, agricultoras e gandeiras que demostraron ter voz e ganas de berrar.

Fotos: Raquel Pérez Diéguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button