ConcellosÚltima hora

A consellería de Infraestruturas inviste máis de 250.000 euros na mellora da seguridade da OU-212

 

Ethel Vázquez e Manuel Prado.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, supervisaron hoxe, 13 de marzo, as obras de mellora da seguridade viaria executadas na OU-212, que comunica o concello de Beade co núcleo da Ermida, na que a Xunta investiu máis de 250.000 euros.

O Goberno galego levou a cabo actuacións de reforzo no firme de varios puntos da estrada nun treito de seis quilómetros, desde a travesa de Beariz cara ao norte, ata o enlace coa estrada N-541. Estes traballos contaron cunha achega, segundo informan dende a Consellería, duns 157.000 euros.

Nesta mesma estrada, no mes de xaneiro, tamén quedou finalizada a mellora localizada do firme treito de dous quilómetros e medio, entre a saída de Beariz e a entrada de Liñares, xa no termo municipal de Avión.

Esta infraestrutura viaria, pero xa ao seu paso polo núcleo de Avión, entre a travesía desta localidade e a intersección coa estrada provincial, tamén foi obxecto dunhas obras de rehabilitación do firme e da mellora da sinalización.

Artigos relacionados

Back to top button