Concellos

Cooperación transfronteiriza xuvenil na Eurocidade Chaves-Verín

Asínase o primeiro convenio entre as asociacións xuvenís “A Voz da Juventude” e “Entroideiros”
Un momento do acto de sinatura do convenio.
Un momento do acto de sinatura do convenio.

O director da AECT Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o membro da Asamblea Eurocidade e vice-presidente da Câmara Municipal de Chaves, Carlos Augusto Castanheira Penas, presidían na tarde do 2 de decembro, a sinatura do primeiro convenio de cooperación transfronteiriza xuvenil na Unión Europea realizado entre dúas asociacións de Chaves e Verín: Asociación Xuvenil “A Voz da Juventude” e “Asociación Xuvenil Entroideiros”.

Este acto está destinado a “estreitar a xa existente colaboración institucional e cohesión sociocultural da mocidade entre o “Barrio Norte” e “Barrio Sur” da Eurocidade, e asentar as liñas a seguir para traballar na resolución de problemáticas comúns que afecta á sociedade xuvenil” tal como explican dende o Concello de Verín.

“A sinatura dun convenio ente dúas entidades de dous países é sempre unha boa noticia para a cooperación territorial europea, pero neste caso síntome dobremente orgulloso de que sexa o primeiro convenio que se asina na Península Ibérica de dúas asociacións xuvenís que, despois de anos de traballo e compartir actividades en conxunto, oficializan esta unión que vixente desde os inicios da Eurocidade”, subliñou Juan Manuel Jiménez Morán.

A sinatura deste convenio transfronteirizo de mocidade está enmarcada dentro das Xornadas “Espazo xuvenil transfronteirizo: balance e conclusións”, nas que se analizaron as accións e actividades organizadas polo Posto Transfronteirizo de Información Xuvenil da Eurocidade, no ámbito do proxecto de cooperación transfronteirizo Eurocidade Chaves-Verín II. O Posto Transfronteirizo de Información Xuvenil, situado na sede da Eurocidade, serve de plataforma para favorecer e apoiar a mobilidade, interacción e colaboración entre a mocidade portuguesa e galega, presentándose como un punto claro referente informativo, asesor en temas de emprego, cultura, ocupación de tempos libres, bolsas de estudo e proxectos europeos.

Artigos relacionados

Back to top button