Dende esta mañá a rúa San Roque do Barco, en pleno casco antigo da vila e de dirección única, permenece cortada á circulación tanto de vehículos como de persoas debido ás obras que están a realizar na calzada contigua á praza das Airas. Prevese que o corte se prolongue durante todo o día.
Un valado impide xa o acceso de coches dende o cruce entre a rúa San Roque e a avenida Manuel Quiroga. Ademais hai un segundo valado situado antes do acceso á praza que impide tamén o tránsito de peóns.