EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Cruz Vermella Valdeorras presenta a campaña “A miña cara non é o meu CV” relacionada coa hostalaría

Neste mesmo acto, celebrado no Pazo do Castro (O Barco), tamén se facía un recoñecemento ás distintas empresas da comarca que colaboran coa entidade benéfica

O Pazo do Castro (O Barco) convertíase na tarde do 27 de xuño en escenario dun acto de recoñecemento da Cruz Vermella Valdeorras ao cento de empresas de diversos sectores que colaboran co seu labor social. “Con este evento Cruz Vermella quere transmitir ás empresas a importancia da súa colaboración e devolverlles non só o seu agradecemento, senón tamén o recoñecemento ao vínculo existente”, din dende esta entidade.

 

 

Este acto foi presentado pola xornalista Ainhoa Carracedo, de Cope Valdeorras, e por Noelia Mayo, responsable do proxecto “Reto social empresarial: Alianzas” da Cruz Vermella. Neste mesmo evento presentábase a campaña “A miña cara non é o meu CV”, á que se vincularon catro establecementos de hostalaría barquenses: Café Teatro Bajo 5, 13/14, La Querida e La Maltería. Cada un deles creou unha tapa especial inspirada na igualdade laboral por razón de sexo, orixe, idade ou cultura. Estas tapas estarán dispoñibles nos locais de hostalaría durante unha semana.

O acto tivo tamén como anécdota que durante unha das intervencións puxéronse en marcha os aspersores do xardín, refrescando o ambiente por sorpresa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button