EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Cupa Group recibe a medalla de ouro de EcoVadis pola integración dos principios de sustentabilidade e RSC

Con este recoñecemento, ademais, la compañía sitúase entre el 4% de las mellor puntuadas entre las empresas del sector mineiro

Cedida.

 

Cupa Group vén de recibir a medalla de ouro da axencia EcoVadis pola integración dos principios de sustentabilidade e RSC nos seus procesos, tanto de produción como de xestión empresarial. Con esta cualificación, a máis fiable en materia de sustentabilidade a nivel internacional, a compañía pasa a formar parte do 5% das que mellores rexistros teñen das máis de 100.000 en todo o mundo que avalía EcoVadis.

Belén Díaz, responsable do Sistema Integrado de Calidade e Medio Ambiente de Cupa Group, destacou que “con este recoñecemento, dun dos rating ambientais máis estendidos, vemos recompensado o compromiso coa contorna e as boas prácticas das persoas que forman parte da compañía”. Ademais, engadiu que “a medalla de ouro ten moito valor para nós porque vén dunha axencia cualificadora independente e toma como base os estándares máis esixentes de sustentabilidade a nivel mundial”.

Grazas á cualificación recibida por EcoVadis, ademais de situarse entre o 5% das mellor puntuadas en sustentabilidade e RSC, Cupa Group logra posicionarse, segundo destacan dende a compañía, entre o 4% das organizacións coas mellores puntuacións dentro do sector mineiro, que comprende a industria da extracción de pedra, area e arxila. Supón, ademais, unha mellora respecto ao pasado ano, xa que en 2021 foi galardoada coa medalla de prata.

As medallas de EcoVadis reflicten a calidade do sistema de xestión da sustentabilidade e avalían unha ampla gama de variables, divididas en catro categorías: medio ambiente, dereitos humanos, ética e compras sostibles.

Segundo este recoñecemento de EcoVadis, a compañía realizou nos últimos meses melloras a nivel ambiental, pero tamén deu un gran paso adiante en cuestións relacionadas co control da cadea de subministración e, máis en concreto, na área de compras sostibles, onde obtén a maior mellora.

Compromiso transversal coa sustentabilidade

O recoñecemento a Cupa Group por parte de EcoVadis en materia de sustentabilidade e RSC constitúe, segundo este grupo, “un novo impulso ás políticas activas da compañía nesta materia; que buscan reforzar, entre outros, o compromiso desta co coidado do planeta e a xestión transparente con clientes, provedores e socios comerciais”.

No contexto deste compromiso, destaca que, desde o ano 2021, Cupa Group forma parte da Rede do Pacto Mundial.

Como exemplo do seu compromiso coa sustentabilidade, Cupa Group arrincou recentemente na paraxe da Raniella, situado en Benuza (León), o traballo na única mina de interior da rexión, que se converte no primeiro proxecto de minería de lousa circular do país.

Artigos relacionados

Back to top button