EconomíaEconomíaÚltima hora

Cupa Stone abre en Málaga o seu undécimo centro de distribución en España

A empresa continúa co seu plan de expansión na Península Ibérica e consolida o seu crecemento e presenza no mercado europeo.

Almacén de Cupa Stone en Málaga./ Cedida.

 

Cupa Stone, empresa experta en produción e venda de pedra natural, inaugura en Málaga un novo centro de distribución. Esta apertura enmárcase no plan de expansión da empresa na Península Ibérica, cun total de once almacéns en España e tres en Portugal, e consolida unha rede de distribución que xa conta con 26 almacéns en Europa. Cupa Stone Málaga é a quinta apertura que a empresa fixo en Europa en dous anos, tras os centros de Sevilla e Lisboa (2019), Valencia (2020) e Toulouse (2021).

O novo punto de Málaga, destinado á venda de materiais tanto para clientes profesionais como particulares, é o segundo da firma en Andalucía e está situado no Polígono de San Luís, a dez minutos do centro da cidade. Conta cunhas instalacións reformadas de 1.000 metros cadrados de almacenamento e exposición, que xa dispoñen dun amplo stock de referencias de pedra natural e as principais marcas da compañía, Stonepanel e Terra.

Achegando a pedra natural aos clientes

“Queremos reforzar a nosa presenza no sur de España para poder achegar aos clientes toda a gama de materiais que comercializamos: granitos nacionais e de importación, mármores, calcarias, lousas, cuarcitas, ademais dos nosos produtos exclusivos para revestimentos, como Stonepanel, e encimeras, coa colección premium Terra” afirma Guillermo Oviedo, director xeral de Cupa Stone Iberia. En concreto, Oviedo destaca a gran acollida que tivo Stonepanel, o produto estrela e de fabricación propia: “A súa demanda é cada vez maior, grazas á súa fácil instalación, o nulo desperdicio do material en obra e a calidade dos acabados”, explica.

Outra das liñas que a empresa comercializa neste novo punto de venda é Cupa Stone Kitchen, representada por tres marcas como Terra, SapienStone e Lapitec. Trátase dunha selección de produtos moi versátil, que completa as necesidades dos estudos de cociña e achega un claro elemento diferenciador pola súa variedade deseños e exclusividade, tanto en pedra natural como sintética.

O novo espazo xa está aberto ao público e acondicionado para garantir as medidas de saúde e hixiene de todos os visitantes. “Animamos aos marmolistas e estudos da zona a que acudan a coñecer toda a nosa gama de produtos no novo de centro de Málaga”, sinala Guillermo Oviedo.

Cupa Stone é a empresa de Cupa Group que comercializa máis de 500 referencias de pedras naturais procedentes de todo o mundo. Conta con seis canteiras en España, Francia, Portugal e Brasil, que “permiten garantir tanto a subministración como a calidade dos seus produtos, desde a súa orixe ata o cliente final”, din dende a compañía. Na actualidade, a súa rede de distribución está formada por 26 centros en España, Francia e Portugal e exporta os seus produtos a máis de 60 países dos cinco continentes, posicionándose como unha das compañías máis importantes do sector da pedra natural en Europa.

Artigos relacionados

Back to top button