PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez, candidato de En Marea, visita zonas asoladas polo lume

Viaxaba ata a comarca de Monterrei, gravemente afectada pola vaga de incendios, xunto con outros membros da candidatura

Davide Rodríguez, durante a visita realizada á comarca de Monterrei.
Davide Rodríguez, durante a visita realizada á comarca de Monterrei.

A primeira hora da tarde do 8 de setembro Davide Rodríguez, número dous de En Marea por Ourense nas eleccións galegas e bombeiro forestal de profesión, achegábase ata a comarca de Monterrei, que se está vendo gravemente afectada pola vaga de lumes que asola á provincia. Alí, acompañado por outros membros da candidatura de En Marea, falaba cos veciños da zona, que lle manifestaban a súa preocupación polas consecuencias dos incendios. Tamén lle trasladaban “a tristeza e a indignación que lles produce que ano tras ano se repita a situación e que a Xunta non interveña limpando o monte para que chegado o verán non se produza esta traxedia”, segundo se informa dende En Marea.

Ante isto Davide Rodríguez aseguraba que “só cun cambio profundo nas políticas do rural esta traxedia ecolóxica, económica e humana terá solución”. Dende o partido polo que concorre aos comicios galegos proponse “revitalizar o rural evitando a desertización, ordear o territorio, encamiñar o modelo cara un monte cunha funcionalidade múltiple e cara a explotación de madeira de alto valor engadido. Se o monte deixa de ser un problema para ser percibido pola poboación do rural como unha oportunidade, mellorará substancialmente a situación”

Ademais considerase necesario incrementar “o esforzo en prevención e promover a educación ambiental na poboación, camiñando cara un modelo de extinción profisionalizado e público, evitando así a especulación das empresas privadas na extinción dos lumes”.

Artigos relacionados

Back to top button