CulturaCulturaÚltima hora

Delfín Caseiro e Antón Jardón presentan “A luz da chuvia” en Celanova

O acto terá lugar o 12 de marzo na Casa dos Poetas

Delfín Caseiro e Antón Jardón, autores do libro “A luz da chuvia”./ Foto cedida.

 

O xoves 12 de marzo ás 19:30 horas a Casa dos Poetas de Celanova será escenario da presentación de “A luz da chuvia”, un libro de relatos de Delfín Caseiro Nogueiras e Xosé Antón Jardón Dacal e editado
por Toxosoutos. Os autores limiaos estarán acompañados por Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez.

Este volume, que xa se presentou noutros puntos da provincia como é o caso do Barco, reúne dez contos inspirados na literatura oral de carácter popular e que achegan as vidas dunha serie de personaxes
no mundo rural da posguerra.

Os dous autores forman parte do Padroado do Museo da Limia (presidente e coordinador) e colaboran do Centro de Cultura Popular do Limia na edición da revista ‘Lethes’. Teñen participado en diversas publicacións colectivas: ‘Limiaxinacións’, ‘Evocacións das Terras do Lethes’ (2009), ‘Miguel, un cura grande en Parada de
Outeiro’ (2009) e son coautores do libro ‘O Lebre das Casarizas, unha vida de máquinas e inventos’ (2019).

Artigos relacionados

Back to top button